Escudo do Concello
Concello de Castroverde
 
Fotografia do Concello
 
Adorno Menu
Adorno  Novas Adorno
cuadritos Inicio
cuadritos Castroverde
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Novas
cuadritos Servicios
cuadritos Enlaces
 
RSS
29/02/2008 - NOVAS INSTALACIÓNS DO RESTAURANTE-HOSPEDAXE "CORTÉS"
O restaurante-hospedaxe "Cortés" que se encontra nas inmediacións do Centro Urbán do Concello de Castroverde, a 200 mts dun dos pasos do Camiño de Santiago, oferta 9 habitacións dobres con baño interior en unha paisaxe relaxante. Na guía local pode encontrar as súas señas.
 
29/02/2008 - CURSO DE PINTURA EN BARRO

O venres 22 de febreiro comenzou un curso de pintura en barro no local do Centro Social do Concello de Castroverde. As inscricións seguen abertas e as clases serán tódolos venres dende as 16:00 ata as 18:00 horas para o primeiro grupo e dende as 18:00 ata as 20:00 horas para o segundo grupo. Dito curso rematará o vindeiro 18/04/2008 e está ó cargo de Verónica (Pepa de Lugo).

 
27/02/2008 - ASOCIACIÓN DE MUIÑEIROS "Santa Lucía de Castroverde"
A Asociación de Muiñeiros "Santa Lucía de Castroverde" comezará coas primeiras rehabilitacións de muiños coa subvención de AGADER de acordo coa Orde de Proxectos Dinamizadores convocada no 2007. En canto se remate coa rehabilitación do resto dos muiños, teremos a posibilidade de ofertar unha ruta muiñeira para os veciños como para os visitantes da zona.
 
27/02/2008 - III DEGUSTACIÓN DE CAZA NO CONCELLO DE CASTROVERDE
O vindeiro domingo 2 de marzo, o Concello de Castroverde convídate a sú III Degustación de Caza Maior que terá lugar na praza do concello coa posibilidade de disfrutar tamén dun domingo de feira con máis exposicións de produtos gastronómicos.
 
  1   
 
www.concellodecastroverde.com  
Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio