Escudo do Concello
Concello de Castroverde
 
Fotografia do Concello
 
Adorno Menu
Adorno  Novas Adorno
cuadritos Inicio
cuadritos Castroverde
cuadritos Concello
cuadritos Turismo
cuadritos Parroquias
cuadritos Novas
cuadritos Servicios
cuadritos Enlaces
 
RSS
13/04/2010 - PRÓSIMO ENCONTRO ENTRE OS CONCELLOS IRMANADOS

NESTA PRÓSIMA FIN DE SEMANA, DENDE O VENRES 16 DE ABRIL, O CONCELLO DE CASTROVERDE TERÁ UN NOVO ENCONTRO COS OUTROS CONCELLOS IRMANADOS E XA SE INSCRIBIRON MÁIS DE CINCUENTA PERSÓAS PARA A VIAXE, SE DESEXAS PARTICIPAR AINDA ESTÁS A TEMPO; PARA MAIOR INFORMACIÓN PINCHA NO ENLACE QUE TEN ESTA PÁXINA COA "ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE".

 
12/03/2010 - XIII FESTA DOS AVÓS - 18 DE ABRIL DE 2010

O VINDEIRO DÍA 18 DE ABRIL DE 2010, O CONCELLO DE CASTROVERDE BRINDA UNHA NOVA HOMENAXE A TÓDOLOS AVÓS COA FESTA ANUAL.

PROGRAMA:

12:45 HORAS

RECEPCIÓN DOS INVITADOS POR PARTE DO EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE CASTROVERDE.

13:00 HORAS

MISA NA IGREXA PARROQUIAL DE VILARIÑO DE CASTROVERDE SITA NA PRAZA DO CONCELLO.

14:00 HORAS

XANTAR NO PAVILLÓN MUNICIPAL "A FERREIRÍA"

NOTA INFORMATIVA: A RECOLLIDA DAS INVITACIÓNS SERÁ NAS OFICINAS DO CONCELLO ATA O DÍA 9 DE ABRIL DE 2010.


 
12/03/2010 - LISTAS DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL

Listas de contratación temporal - XUNTA DE GALICIA



    DESCRICION DO PROCESO:

     

    PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: abrangue do 1 de marzo ao 15 de xullo de cada ano.

    Aqueles que desexen inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do galego e os demais que estableza en cada caso a correspondente resolución de apertura da lista).

    Naquelas listas que se atopen pechadas, só poderán inscribirse aqueles que teñan servizos prestados ou exercicios aprobados do último proceso selectivo.

    Os documentos que deberán presentar os interesados son os seguintes:

    • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
    • Impreso do pago da taxa.
    • Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
    • Fotocopia do DNI.
    • Fotocopia debidamente compulsada que acredita a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

    ELABORACIÓN DAS LISTAS: no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano.

    LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS: será obxecto de publicación no DOG, dándose un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións ou subsanar causas de exclusión.

    LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS: publicarase no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

    BAREMACIÓN MÉRITOS:

    • Os servizos prestados no mesmo grupo, corpo escala e categoría.
    • Os exercicios superados no último proceso selectivo para o mesmo grupo, corpo escala ou categoría da Xunta de Galicia.
    • Os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia.

    Estes méritos puntuaranse de oficio.

    ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS: Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización no mes de febreiro de cada ano, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións.

    Nas categorías do Pladiga os integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos.

    Unha vez revisadas as alegacións, publicarase a lista definitiva no DOG e o interesado terá un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

    A puntuación por exercicios superados do último proceso selectivo actualizarase o día seguinte á publicación do nomeamento no DOG dos aspirantes que superaron o citado proceso.

    • ARTIGOS 9º E 10º DECRETO 37/2006 (*3)
    • SOLICITUDE ACTUALIZACIÓN MÉRITOS PLADIGA (*4)

    CAMBIO DE DATOS PERSOAIS:

    O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio dos seus datos persoais en calquera momento, facéndose efectivo aos 15 días naturais dende a súa presentación.

    • SOLICITUDE MODIFICACIÓN DATOS

    MODIFICACIÓN DE ÁMBITOS:

    O persoal inscrito nas listas poderá solicitar o cambio de ámbitos no mes de xaneiro, facéndose efectiva o 1 de marzo dese mesmo ano.

    Os integrantes das listas de categorías do Pladiga que desexen modificar o concello de empadroamento farano, no mes de xaneiro, coa mesma solicitude de modificación de ámbitos e achegarán o certificado de empadroamento.

    • SOLICITUDE MODIFICACIÓN ÁMBITOS (Non dispoñible temporalmente)

    SUSPENSIÓN DE CHAMAMENTOS:

    Os integrantes das listas que non se atopen prestando servizos poderán solicitar a suspensión de chamamentos para non ser citados.
    Esta solicitude é irrenunciable.
    Producirá efectos aos dez días da súa presentación no rexistro do órgano competente.
    A suspensión poderá solicitarse por períodos de 2, 6 ou 12 meses.
    Calquera citación recibida antes de ser efectiva a suspensión deberá ser atendida polo interesado xa que en caso contrario quedará excluído da lista.

    Se un integrante das listas non acude a un chamamento ou renuncia a éste quedará excluído da lista por un ano, podendo presentar reclamación ante a Comisión Permanente Central.

    A situación dos integrantes das listas poderá consultarse na páxina web da Xunta de Galicia así coma as citacións pendentes.

    • SOLICITUDE SUSPENSIÓN (*7)
    Adxunto Tamaño
    (1) Decreto 37-2006.pdf 479.05 KB
    (3) Artigo 9º e 10º Decreto 37-2006.doc 26 KB
 
05/03/2010 - PERCORRIDO E VISITA DUN MUIÑO DE CASTROVERDE

O VINDEIRO DÍA MÉRCORES 10 DE MARZO DE 2010, O CPI DE CASTROVERDE PREPARA UN PERCORRIDO PARA OS ALUMNOS DO 5º E 6º CURSO DE PRIMARIA POLO "MUIÑO DE VEIGA" CUIO TITULAR É D. XOSÉ Mª VEIGA ÁLVEZ QUEN SE DISPÓN A FACER UNHA NARRATIVA DO SEU FUNCIONAMENTO. É MENESTER DICIR QUE ESTE MUIÑO É UN DOS QUE FORON REHABILITADOS CON FONDOS DE AGADER A TRAVÉS DO PROGRAMA DE "PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS DE GALICIA" . 

NESTE INTRE XA PRESENTAMOS O PROXECTO DA RUTA DE SENDEIRISMO QUE DISCORRE POLOS 9 MUIÑOS ATA AGORA REHABILITADOS. ESTE PROXECTO ENTRÉGASE ANTE A FGM PARA A´SÚA HOMOLOGACIÓN.

EN CANTO SE TEÑAN FOTOS DA VIAXE DOS RAPACES, AMOSARÉMOLAS NESTA PÁXINA.  

 
26/02/2010 - PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL FUNCIONARIO

O CONCELLO DE CASTROVERDE, NO BOP Nº 294 DO 24 DE DECEMBRO DE 2009, CONVOCA O PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO PARA CUBRIR A PLAZA EN PROPIEDADE DE "AUXILIAR ADMINISTRATIVO". 

NO BOE Nº 45 DO 20 DE FEBREIRO DE 2010, ANÚNCIASE A RESOLUCIÓN REFERENTE A DITA CONVOCATORIA E ÁBRESE O PLAZO PARA PRESENTAR INSTANCIAS: SON 20 DIAS NATURAIS CONTADOS DENDE A DATA SEGUINTE DE ESTE ANUNCIO NO BOE. 
DATA LÍMITE: 12 DE MARZO DE 2010.

 
26/02/2010 -
 
26/01/2010 - Proxecto E+SMIÑO: CURSO PARA PERSÓAS EN ACTIVO
O CONCELLO DE CASTROVERDE QUE FORMA PARTE DO PROXECTO E+SMIÑO (RESERVA DA BIOSFERA) INFORMA DO SEGUINTE CURSO:

"CORREDORES NATURAIS E RUTAS VERDES"

A MATRÍCULA É GRATUITA
ORGANIZA: UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
OBXECTIVOS DO CURSO: Estimular iniciativas de turismo verde: identificación, propostas de rutas, diagnose de servizos e ofertas de novos produtos. Definir os corredores naturais como espazos dedicados á conservación da natureza.
DESTINATARIOS: Traballadores, profesionais autónomos, empresarios, agricultores e gandeiros dos concellos da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
DATAS: 1-2-3 E 22-23-24 DE FEBREIRO (DÍAS 1 E 22 DE 10h a 14h e dende as 16h ata as 19h) DÍAS 2-3-23 E 24 DE 10h a 14h)
DURACIÓN:
30 horas
Lugar: Escola Habaneira de Guitiriz-visitas en sesións prácticas.
Máis información e programa do curso:

 http://www.idealugo.es/esmino

 
25/01/2010 - CONFERENCIA DE D. XOSÉ Mª GÓMEZ VILABELLA

O VINDEIRO 26 DE FEBREIRO DE 2010 TERÁ LUGAR UNHA CONFERENCIA DO HISTORIADOR D. XOSÉ Mª GÓMEZ VILABELLA PARA OS ALUMNOS DO ÚLTIMO CICLO DA ESO  NO SALÓN DE ACTOS DO C.P.I. DO CONCELLO DE CASTROVERDE SITO NA RÚA DOS NENOS NO MESMO  CENTRO URBANO. 

A CONFERENCIA TITÚLASE "PASADO, PRESENTE  E FUTURO DE CASTROVERDE". TERÁ LUGAR DENDE AS 13:25 H ÁS 14:15 H. 

A ENTRADA ESTARÁ ABERTA PARA TODAS AQUELAS OUTRAS PERSÓAS QUE DESEXEN ASISTIR.

 
24/12/2009 - PRESENTACIÓN OFICIAL DO LIBRO "CASTROVERDE NA HISTORIA E NO PRESENTE" DE D. XOSÉ Mª GÓMEZ VILABELLA

O CONCELLO DE CASTROVERDE CONVíDATE A PARTICIPAR NO ACTO OFICIAL DA PRESENTACIÓN DO LIBRO "CASTROVERDE NA HISTORIA E NO PRESENTE" DE D. XOS Mª GÓMEZ VILABELLA QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 8 DE XANEIRO DE 2010 NO SALÓN DE ACTOS DO CPI SITO NA RÚA DOS NENOS EN CASTROVERDE. Para maior información, accede ó seguinte: UserFiles/File/TARJETAS.pdf

 
06/08/2009 - APERTURA DO LEADER PARA CASTROVERDE

O CONCELLO DE CASTROVERDE, A TRAVÉS DA SÚA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, ASISTÍU A UNHA XUNTANZA ORGANIZADA POLOS REPRESENTANTES DO GDR4 (ASOCIACIÓN TERRAS DE LUGO) E TÉCNICOS DOUTROS CONCELLOS PARA DESEÑAR O PROCESO DA ANDANZA NO LEADER 2007-2013. A CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTE PROGRAMA ESTÁ ABERTA DENDE O DÍA 2 DE XUÑO DE 2009. PARA MAIOR INFORMACIÓN: http://www.terrasdelugo.blogspot.com/

PRETÉNDESE COMEZAR CO ASESORAMENTO A PARTIR DE OUTUBRO DESTE ANO A TÓDALAS PERSOAS QUE TEÑAN UN PROXECTO DEFINIDO PARA ACADAR DITAS AXUDAS. POR ISO, A AXENCIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL DESTE CONCELLO ABRE TAMÉN AS SÚAS PORTAS PARA TAL FIN.

 
 Anterior 
1  2  3 
 Seguinte 
www.concellodecastroverde.com  
Deseño e Programación: Prodesin.com Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio